A verdade termina por ver a luz

Levo moito tempo escribindo que durante oito anos estivemos gobernados por uns adolescentes  que o único que podían facer é o que fixeron: arruinarnos.
Como a verdade e a honestidade sempre acaban colocando no seu sitio ós manipuladores,  Francesc de Carreras fala desto:

Se trata de un fragmento de la conversación sostenida entre Mariano Guindal y Mar Díaz-Varela (como ven todo queda en casa) con Miguel Sebastián, futuro ministro con Zapatero, justo antes de la victoria del PSOE en 2004. No la transcribo íntegra por razones de espacio, pero el lector puede encontrarla en las páginas 62 y 63 del libro de Juliana.

Dice Sebastián: "Menos mal que no vamos a ganar porque la que viene sobre España es gorda. (Estamos) peor que mal. Tenemos una burbuja inmobiliaria y es inevitable que estalle, y cuando esto ocurra se lo va a llevar todo por delante incluyendo los bancos (...) estoy totalmente convencido. El Gobierno del PP ha sido un irresponsable. En lugar de frenar la concesión de créditos hipotecarios a través del Banco de España, ha echado más gasolina al fuego con las desgravaciones fiscales. Este ha sido el mayor error de su mandato: no eliminar la desgravación a la vivienda pasándola a los alquileres".

Ante su contundencia, los periodistas le preguntan por qué eso que dice no figura en el programa electoral del PSOE. La respuesta es desconcertante: "No es un programa electoral para gobernar sino para que José Luis (Rodríguez Zapatero) obtenga un resultado lo suficientemente bueno para salir reelegido secretario general del PSOE en el próximo congreso. Después ya haremos un programa económico en serio para gobernar". Supongo que estupefactos, los periodistas le formulan la única pregunta lógica: "¿Y si ganáis". "¡Qué horror! -responde Sebastián-. Eso sería muy malo para mí porque (José Luis) trataría de implicarme y no me podría negar... y mucho peor para él. No estamos preparados ninguno de los dos para gobernar este país...".

Miña casiña de Esteiro

Era un santo.
Aquel cura da Ribeira Sacra era un deses homes que volvía agnósticos ós ateos.
Boa xente, íbase arrugando coma unha uva pasa co paso dos anos  cando, xa camiño dos 100, unha neumonía o tumbou na cama dun hospital.
Chegado o día no que os médicos determinaron que estaba na antesala do camposanto, o obispo de Lugo sentiuse na obriga de darlle en persona a extremaunción.
E alá foi:
- (...) no se preocupe que tiene abiertas las puertas de la casa de Dios.
- Sí señor Obispo ... ¡pero coma casiña dun!

En recordo de Serafín Caamaño Cernadas, un cura coma o do conto.

Bankia


Estes son os que saquearon o grupo Bankia: eles fixéronse todos millonarios, nós pagaremos a escote o que eles meteron no peto. 
 
 
O curioso é que andan decindo que son de esquerdas, o inconcebible é que haxa uns centos de miles de cidadáns honestos que o cren.
Chega con ter un adarme de coraxe para entender que entre todos teñen montado un negocio.
Pero se a coraxe fose de uso común, é ben seguro que non se atreverían a roubarnos desta maneira.
 
e canseime de buscar fotografías. Están os máis representativos.
Esta elles a realidade, por aí cóntanlles contos os mercenarios do periodismo: uns solo falan dos do PP, outros da que lle din esquerda e dos sindicatos.
Pensan que somos imbéciles.

Ela xira indignada diante de tanto chorizo


Dublineses

Non recordo cando, pero paréceme  que foi nun cine de Compostela.
Sei que despois houbo vida social: cea e copas con moita xente.
O Modus vivendi e o pub do Paco e do Lois, probablemente.
Eu estaba alí, pero non estaba.

La nieve está cubriendo toda Irlanda. Cae sobre toda la oscura llanura central, sobre las colinas despobladas, suavemente sobre los pantanos de Allen, y más lejos, hacia el oeste, cae suavemente sobre las oscuras y revueltas aguas del Shannon. Uno a uno todos nos convertiremos en sombras. Es mejor pasar a ese otro mundo impúdicamente, en la plena gloria de una pasión, que irse apagando y marchitarse tristemente con la edad.

Seguía na miña cabeza.
É desas veces nas que o alcohol sirve porque multiplica a sensibilidade e te fai, como decía Baudelaire, parecido ós deuses.
Non podía sacar da cabeza o monólogo final da película.

¿Cuánto tiempo has guardado en tu corazón la imagen de los ojos de tu amado diciéndote que no deseaba vivir? Yo mismo nunca he sentido nada así por ninguna mujer, pero sé que tal sentimiento debe ser amor. Piensa en todos los que alguna vez han vivido desde el principio de los tiempos, y en mí, transeunte como ellos, fluctuando también hacia su mundo gris. Como todo lo que me rodea, este mismo sólido mundo en el que ellos se criaron y vivieron se desmorona y se disuelve.

A lucidez esquiva, que as veces nos visita traicioneira, producíache a impresión de que o teu pensamento, gaseoso él, enchía a troposfera botando ó aire fora dela .
E seguían martilleando na cabeza aquelas frases:

Cae la nieve, cae sobre ese solitario cementerio donde Michael Fury yace enterrado. Cae lágidamente en todo el universo y lánguidamente cae como en el descenso de su último final, sobre todos los vivos y los muertos.

¡Que certa é a sentencia de Hölderlin!: O home é un deus cando soña e un mendigo cando reflexiona.

Por momentos así merece a pena ter vivido. Momentos nos que un miñaxoia da aldea supón que é moito máis que o Capitán Trueno da infancia.
Entender que a lúa ten unha cara oculta, gardada para os elexidos.
Soñar.

Aínda que á mañá seguinte, coa cabeza dolorida polo exceso de etílico, sigas escoitando ós que berrán exaltados porque Messi ou Ronaldo meteron unha pelota entre tres paus.
Ou lendo os escritos mediocres de cortesanos do poder, tamén mediocres, que pululan polo aparato mediático que ten como única finalidade extender un pensamento único para que o control social sexa moito máis sinxelo e eficiente.

¿Como conseguir que a xente nova teña esas mesmas sensacións?
¿Que facer para que a conciencia crítica estructure homes e mulleres libres, que non se deixen manipular polos cortesanos a sueldo de todos os profesionales do marketing?
Un amigo di que non hai nada que facer.
Pero de vez en cando tes a sorte de falar con rapaces e rapazas de menos de 30 anos que che deixan unha sonrisa cómplice cando te despides deles.
¡Queda tanto por facer!

Disfruten aquí do final da adaptación do relato de James Joyce, que un Jonh Huston en silla de rodas, morreu ese mismo ano, fixo como despedida.
Se non lles chega ás entrañas, fágano mirar.

Oligarcas indecentes

Franco morreu na cama porque a sociedade española non tivo a coraxe de pelear pola democracia como os tempos esixían.
Despois da dictadura militar acordaron darlle todo o poder ós partidos políticos e ós sindicatos coa disculpa de que había que asentar a democracia porque o ruido de sables caqui aínda tiña moita forza. A medida iba ser provisional.
A Constitución, a Ley de partidos e a Ley electoral legalizaron unha oligarquía que, como moitos deciamos, unha vez instalada non estaría disposta a renunciar ás súas prebendas.
E así foi: poucos dudan hoxe de que, nunha gran parte, os políticos profesionales e os cuadros sindicales non son máis que unha camarilla de chorizos que utilizan os seus cargos para solucionar os seus problemas e os dos seus parentes, camaradas e amigos.

¿Como pode solucionar a vida de todos aquel que é incapaz de solucionar os problemas da súa propia familia?
 Unha das características fundamentales da oligarquía é o apoio mútuo en todo aquelo que redunda en manter os seus privilexios.
Un exemplo que xa teño posto: gobernando PSOE-BNG en Galicia, os enfrentamentos dos 38 bipartitos cos 37 populares foi unha constante durante toda a lexislatura.
Houbo dúas excepcións que contaron cos 75 votos a favor:
1 - O aumento do soldo dos parlamentarios
2 - O Plus dos altos cargos, según o cal aqueles funcionarios que desempeñaban cargos políticos de libre designación (nomeados a dedo), ó volver á súa plaza de funcionario mantiñan o nivel funcionarial do cargo político que ocuparan.

É ahí onde a oligarquía se retrata, ahí é onde se definen as fronteiras entre a nova burguesía e a sociedade civil.
O que non o ve, ou é estúpido ou non quere velo porque ten intereses no negocio.

Porque vostedes supoñe que:
- Saben que os adolescentes que nos gobernaron, mandados por RodrígueZapatero, gastaban todos os días, durante os últimos 3 anos, 27 millóns de euros (4.492 millóns de pesetas) máis do que ingresaban. Según datos do Banco Central Europeo.
- Saben que por eso estamos arruinados e debiamos a finales 2011 864.000 millóns de euros, 18.383 euros por español.
- Saben que hai 5.200.000 personas que buscan traballo e non o atopan.
- Saben que nos estan desangrando a impostos: IRPF, luz, sanidade. educación...
- Saben que lle rebaixaron o soldo ós funcionarios ó mesmo tempo que lle aumentaban as horas de traballo.
- Saben que siguen rebaixando as pensións (dinlle conxelar, pero ata unha nena de ESO 1 sabe que si todo sube e os soldos non...).
- Saben que cada español paga 2.000 euros ó ano polos intereses dos cartos que pediron prestados os que nos gobernaron.
- Saben que hai moitos reputados economistas serios que din que desta non saímos.

¿Que fai a oligarquía diante deste panorama?


Andalucía:
Todas as encuestas vaticinaban que o PP, a partir do día 25 de marzo de 2012, tería a maioría absoluta no Parlamento Andaluz despois de 30 anos de gobernos do PSOE.
Catro diás antes da cita electoral, o 21 de marzo de 2012, o Goberno socialista pon en mans da Agencia Andaluza de Cooperación Internacional unhas subvenciones de caracter excepcional polas que


UGT recibe 971.318 euros para tres proxectos e CCOO 1.024.661 para dez proxectos

Pero as encuestas equivocáronse, e os corruptos que gastaban os cartos dos parados en farras e regalándollos os amigos (sempre do PSOE e da UGT), os que metían nos ERES de moitas empresas a nais, primos e cuñaos que nunca traballaran nelas (sempre coa complicidade de CCOO e UGT), solo perdían 9 diputados.  Como 6 dos 9 foron para ós cómplices do patio traseiro, en Andalucía seguirán gobernando os políticos máis corruptos da historia da democarcia española.
Xa pasara antes en Valencia, coa oligarquía da outra ribeira (que para min é a mesma ribeira: a dos chorizos corruptos).

A teoría das dúas ribeiras é moi sinxela para min: a ribeira dereita é a dos chorizos corruptos da oligarquía política e sindical, na da esquerda malvive a xente honesta e traballadora que mantén en pé este país.

De todas as maneiras, en Andalucía os abstencionistas obtivemos uns resultados extraordinarios


Invitoos a recapacitar (a rebelión contra o poder ten que producirse na cabeza antes que na rúa):
Si en Andalucía hai un 31% de paro.
Unha renta per capita de 17.587 euros (a segunda máis baixa de España por encima dos 16.149 de Extremadura) que representa o 75,6% dos 23.271 euros que é a renta per capita media das Comunidades Autónomas. Últimos datos do INI.
A segunda en fracaso escolar (despois do 40,8% das Baleares): o 37,5% das personas entre 18 e 24 anos non terminaron a ESO, frente o de por sí esaxerado 31,2% de media española. Ver.

Con eses parámetros, que unha sociedade non se rebele contra os que levan gobernando desde que estamos en democracia resulta increible. Cando ademáis está demostrado nos tribunales que son unha mafia corrupta, un dase de conta do que significa ese 37,5% de fracaso escolar. E tamén entende ós nacionalistas cataláns.

Se eu fose un deses 31 de cada 100 andaluces en paro, sin cartos para manter á familia, e lese que

o meu Goberno lle da a UGT 424.999,99 euros para a Mejora de las capacidades organizativas y de incidencia política del movimiento sindical en Costa Rica,

non sei o que faria. Pero a algúns desa pandilla de ladróns íbaselle conxelar a sonrisa.
Pero claro, a maior parte dos andaluces non teñen acceso a eses datos e limítanse a ver Canal Sur (o máis parecido á TV dunha dictadura que levo visto) e  a ler a prensa andaluza (e menos mal que pechou Público, qeu era o periódico que Griñan promocionaba comprando máis de 30.000 exemplares diarios para os organismos da Junta de Andalucía).

¡¡Que duro é ter conciencia política e vivir nun país de siervos que se deixan manipular coma ovelliñas mansas por xente sin escrúpulos!! 
 ........................................
¿Á sombra de que cerdeira descansarán aquelas CCOO de Marcelino Camacho ás que tanto tempo estiven afiliado e aquel PC eurocomunista que miraba cara a Italia de Gramsci, Togliatti, Berlinguer e Occhetto, polo que votaba ilusionado?
O mesmo que a UGT de Nicolás Redondo e o PSOE de Gómez Llorente, Sánchez Ayuso, Francisco Bustelo e Pablo Castellano.
Ou moita da xente daquela ANPG que se manifestaba en Monforte sin medo no ano ¿74 ou 75?: aínda teño memoria da sensación de camiñar ó lado dunha muller nova que empuxaba un carrito co seu fillo. 
Naquelas manifestacións de Compostela, por moito que se preparasen as cousas, cando os homes de gris empezaban a vomitar pelotas de goma, os pés dábanche a velocidade precisa para dirixirte ós lugares que previamente escolleras como refuxio.
Pero agora estabamos alí para non sair correndo, coa sensación unánime de que Non nos moverán.
É moi dificil de explicarllo hoxe ós antifranquistas con Franco morto, que van de valientes prendéndolle lume ás papeleiras.
¡Galegas haxa como aquela que empuxaba o carrito dun neno diante dunha formación de homes vestidos de gris, cando diante dun home pequeniño de Ferrol temblaban homes feitos e dereitos!
Son aromas de xente honesta, efluvios dun pasado que non é deste tempo.
 

Os novos datos que acaban de sair son aínda máis aterradores: están no paro o 33,17% dos andaluces.
Como poden ler aquí, eses dos que falabamos arriba veñen a decir que a culpa é do PP.
Sei que o independentismo catalán vai en aumento, pois personas que nunca votarían esa alternativa están totalmente dispostas a facelo agora.
E cando che falan destes corruptos que nos toman por imbéciles como unha das razóns, non tes máis remedio que calar a boca.